SE QUERES COLABORAR CONNOSCO ?, TI PODES.

PARA LEVAR A CABO FESTAS CON MÚSICA FEITA NA GALIZA, TRADICIONAL E EN GALEGO PRECÍXASE DA AXUDA DE TODOS. SE NOS APOIAMOS MUTUAMENTE PODEREMOS DEFENDER E DIFUNDIR A NOSA MÚSICA E CULTURA TRADICIONAL

Si, e eu que podo facer para axudar?

Pois moi fácil, eiquí tes varias opcións:

* Asistir ás festas con música tradicional, como non, a NOITE DA LÚA MEIGA é unha boa opción.

* Facer ver ós organizadores de festas populares, romerías, festivais e ós nosos representantes nas administracións que a música tradicional é "totalmente válida e de actualidade ". Se pertences a unha comisión de festas ou festival contrata música tradicional galega.

* Colaborar mercando camisetas e outros productos do festival. Este ano temos novas camisetas cun deseño renovado, seguro que vos gustan¡¡

* Consumir "responsablemente" no bar que se instalan nestes festivais.

* Colaborar mercando rifas do festival.

* Se tes un local, comercio ou empresa privada podes colaborar saíndo no cartel do festival ou no proxector que se instala o sábado pola noite. Esta última opción está tendo unha gran aceptación, seguro que vos interesa. (Infórmate: 653 307 617)

* Ah, e tamén podes mercar as rosquillas da Lúa Meiga que atoparás á venda no torreiro da festa. Son moi apetitosas, sobre todo xa avanzada a noite¡¡

Se tes un grupo de musica tradicional-folk en galego, se a festa rachada e a interacción co público é fundamental nos vosos directos, entón

MANDA A MAQUETA OU O DOSSIER DO TEU GRUPO A:

colectivoluameiga@gmail.com