LÚA MEIGA, UN PROXECTO DE FUTURO.

A Noite da Lúa Meiga nace a partir da iniciativa dos membros da Agrupación Folclórica Terra Meiga do Viso, no ano 2001. A inquedanza deste colectivo pola música e cultura tradicional foi a semente da que medrou esta apaixonante aventura. Pouco a pouco foron moitos os que se uniron a este proxecto, e hoxe en día son numerosas as colaboracións dende diversos colectivos, entre eles o Concello de Redondela. O punto de unión foron sempre as inquedanzas por divulgar a música tradicional e folk galega, tentando que a esencia da cultura tradicional retorne á vida e ás celebracións cotiás.

Vistas dende o recinto do festival

A primeira edición celebrouse no torreiro de festas da Teixeira, acompañándonos o grupo de música tradicional VIOLIA. Na segunda edición deuse paso a unha maior oferta de actividades, con xogos populares e a actuación dos coñecidos CARUNCHOS e XISTRA DE CORUXO

Público asistente ó festival

Os Carunchos

Xistra de Coruxo

Coa terceira edición, pensouse para a celebración do festival o lugar coñecido como Monte Outeiro Grande, no miradoiro xunto a baliza do aeroporto. Neste novo emprazamento, o contacto coa natureza e as vistas da Ría de Vigo supuxeron un valor engadido para os visitantes, quen se achegaron para pasar unha agradable xornada festiva. Continuouse cos xogos populares, e a artesanía foi a grande novidade desta edición, cunha mostra en vivo de escultura en terracota. A música tradicional ampliou a súa oferta coa actuación de diversas agrupacións folclóricas, chegando ó seu cumio coa actuación de CARUNCHOS e QUEMPALLOU.

QUEMPALLOU NA III EDICIÓN

Quempallou

Linho do Cuco

Xogos populares

Xochilmica

No 2005 seguiuse coa aposta pola música máis tradicional configurando un programa variado onde se ofertaron actuacións de pandereteiras, danza e gaiteiros. A artesanía seguiu presente a través da primeira Feira de Artesanía do Viso e os xogos populares constituíron unha parte importante das actividades do serán. Pola noitiña contouse coa presenza de artistas pioneiros en Galicia como XISTRA DE CORUXO, LINHO DO CUCO e XOCHILMICA. O toque de graza deuno o actor Carlos Blanco, aposta artística moi ben recoñecida polos veciños da nosa parroquia.

CARLOS BLANCO NA IV EDICIÓN

 

Carlos Blanco

Tino Baz

O 2006 o festival pasou a celebrarse en dous días. O sábado 26 contouse coa maxistral actuación de TINO BAZ, TANXEDORAS DO PANDEIRO, DANI BELLÓN E DIEGO MACEIRAS e SERRALHE-AI!!. O domingo 27 contouse coa actuación de diversos grupos de gaiteiros, pandereteiras e agrupacións folclóricas, ademáis dos xa tradicionais xogos populares para os rapaces. Todo un éxito.

Dani Bellón e Diego Maceiras

No 2007 o festival padeceu as inclemencias do tempo, téndose que cancelar parte das actividades. A pesar de todo o sábado 25 organizouse unha festa improvisada no Centro Cultural do Viso que durou ata ben avanzada a noite. Desta sesión musical participaron moitos dos músicos que ían actuar esa noite, así como moitos artistas que se atopaban entre o público. As gaitas e a música tradicional fixeron que esta edición se lembrase non só pola tormenta que aguou a festival, senón como polo espíritu da Noite da Lúa Meiga que está presente en moitos dos asistentes a esta festa.

Serralhe-aí!

Tanxedoras

No ano 2008 o proxecto da “Noite da Lúa Meiga” experimentou un crecemento relavante, sobre todo na súa concepción temporal. Pasouse dunha data de celebración en agosto a establecer un programa de actividades permanentes ó longo de todo ano. Así realizáronse MOSTRAS DE XOGOS TRADICIONAIS en diferentes lugares. A finais de agosto celebrouse o Festival de Verán: Noite da Lúa Meiga. O sábado 30 contouse coa maxistral actuación de PRADAIRO, PEPE VAAMONDE GRUPO, TIRULEQUE e REGUEIFEIROS OS GHORDECHOS. O domingo 30 contouse coa actuación de diversos grupos de gaiteiros, pandereteiras e agrupacións folclóricas, ademáis dos xa tradicionais xogos populares para os rapaces.

Pradairo

Pepe Vaamonde Grupo

Tiruleque

Regueifeiros "Os Ghordechos"

O 20 de decembro de 2008 celebrouse o Festival de Inverno: Son da Lúa Meiga donde participaron os grupos GAITEIROS TERRA MEIGA, TRIO LIRO REGUEIFEIROS, TANTO NOS TEN e TRES ESTRALOS, rematando cunha festa improvisada donde se mesturaron músicos e asistentes. Destacar que nesta edición entra na organización e dirección deste evento o Colectivo Lúa Meiga, creado oficialmente no presente ano a partir de persoas que colaboraron directamente na organización deste festival nos últimos anos conxuntamente coa Asociación Cultural Santa María do Viso.

Tanto Nos Ten

Tres Estralos

Trio Liro Regueifeiros

O público¡¡

No ano 2009 conseguiuse seguir na liña de crecemento desta festa da música tradicional en galego pois actualmente a relevancia do proxecto Noite da Lúa Meiga chega a toda a Comunidade galega. Conseguiuse que os asistentes superasen as 3.000 persoas, chegando de tódolos puntos de Galicia, sobre todo na noite do sábado 29 pois os asistentes colapsaron o torreiro e o Monte de Outeiro Grande. Nesa noite actuaron GAITEIROS ALUARADO, CE ORQUESTRA PANTASMA, ARDENTÍA e OS CARUNCHOS. Neste ano, e na sesión do domingo, fíxose unha importante innovación como foi a SUBIDA DE MEIGHACHIMPÍNS, onde numerosos veciños da parroquia decoraron os seus chimpíns e achegáronse ata o torreiro a participar da festa.

Ardentía

Aluarado

Ce orquestra pantasma

O ano 2010 seguiuse con éxito de público e participantes consolidado no 2009. O sábado 28, a partir das 22:30h escoitouse a tradición dos nosos antepasados nas voces e instrumentos de: ASUBÍOS DE PORTOCEDEIRA, A QUENLLA, TANTO NOS TEN e O LEO I ARREMECAGHONA .

Asubios

A Quenlla

O Leo I Arremecaghona

Tanto Nos Ten

Xa no domingo continuouse coa música e baile tradicional da man de diversas formacións da comarca, que abriron a festa cunha SESIÓN VERMÚ con músicos tradicionais - BAILE DE SAXAMONDE, GRUPO FOLCLÓRICO CENTRO CULTURAL DE CEDEIRA e AIRIÑOS DE SAN SIMÓN -, que deu paso a un XANTAR POPULAR no Monte Outeiro Grande. Tamén contouse coa SUBIDA DE MEIGHACHIMPINS , que consiste nunha subida de chimpíns decorados polos veciños da bisbarra ata o torreiro da festa tocando e animando aos demais veciños a unirse á festa e á convivencia.

Durante toda a xornada fíxose unha MOSTRA PARTICIPATIVA DE XOGOS POPULARES, dirixidos a pequenos e maiores que queiran pasar un rato do máis divertido recuperando os antigos xeitos de lecer: t iro da Corda, carreira de Sacos, chave, zancos, o aro, carreiras... e máis.

Pola tarde celebrouse un FESTIVAL FOLCLÓRICO - GRUPO DE BAILE ANAQUIÑOS, PANDERETEIRAS TERRA MEIGA, PANDERETEIRAS ANAQUIÑOS DE CHAPELA - que animou ós asistentes a bailar como se facía antigamente, no torreiro da festa e acompañado da xente do pobo, os bos amigos e a música tradicional. Este ano contouse coa animación infantil a cargo de TÍTERES TANXARINA. De xeguido, e xa para rematar, deuse opción a que todos aqueles músicos presentes no público se unisen no escenario actuando de xeito improvisado.

Sobre Rodas

Coanhadeira

A Requinta da Laxeira

Brisas de Tomiño

No 2011 seguiuse co aliña dos anos anteriores. O sábado 27 participaron no concerto os grupos SOBRE RODAS, COANHADEIRA, A REQUINTA DA LAXEIRA e BRISAS DE TOMIÑO. O domingo 28 realizouse a SUBIDA DE MEIGHACHIMPINS, unha sesión vermú con varios grupos tradicionais locais (GAITEIROS AIRIÑOS DE SAN SIMÓN, GRUPO DE GAITAS ALUARADO e AIRIÑOS DA PENEDA), seguiu o xantar popular, os xogos tradicionais, obradoiros para nenos e nenas e fin de festa con máis baile e música (GRUPO DE BAILE ANAQUIÑOS, PANDERETEIRAS ANAQUIÑOS e TIRAPUXA).

Ce Orquestra Pantasma

As Lagharteiras

Xoeira

Músicos no roteiro de meighachimpíns

 

No 2012 reformulouse o festival e reestruturouse nun só día pero con unha maior amplitude de actividades e unha continuidade ó longo de toda a xornada. O sábado 25 organizouse unha concentración dos xa famosos MEIGHACHIMPÍNS cara o mediodía, procedendo a un xantar popular no torreiro da festa. Pola tarde procedeuse a realizar o roteiro dos MEIGHACHIMPÍNS por toda a parroquia, facendo festa e animando ós veciños con música e amosando os tractores engalanados. No recinto do festival mentres tanto realizábanse XOGOS POPULARES para tódolos públicos e os OBRADOIROS para os máis cativos. Realizouse un obradoiro de manualidades FAI A TÚA MEIGHA e máis un obradoiro de bailes infantís con XABIER IGLESIAS. Tamén o CE ORQUESTRA PANATASMA procedeu a realizar un pase infantil. Xa pola noitiña deuse pasO ó concerto coa participación de coñecidos grupos de música tradicional procedentes de diferentes zonas de Galicia: AS LAGHARTEIRAS, CARAPAUS, ZURRUMALLA e CE ORQUESTRA PANTASMA.

Peter Punk

Os Melidaos

Os Fondaos do Pífaro

Os Terribles de Donas

NO ANO 2013, ó longo do día, tivemos distintas actividades; contouse cunha CONCENTRACIÓN E ROTEIRO DE MEIGHACHIMPINS, que consiste nunha rota de chimpíns decorados polos veciños da bisbarra ata o torreiro da festa tocando e animando aos demais veciños a unirse á festa e á convivencia. Nesta edición achegáronse á decena de chimpíns decorados que percorreron os diferentes barrios da parroquia. Durante toda a xornada fíxose unha MOSTRA PARTICIPATIVA DE XOGOS TRADICIONAIS, dirixidos a pequenos e maiores que quixeran pasar un rato do máis divertido recuperando os antigos xeitos de lecer: tiro da Corda, carreira de Sacos, chave, zancos, o aro, carreiras... e máis. Non cabe dúbida que descargaron toda a adrenalina... Tamén realizáronse OBRADOIROS e actividades para os máis pequenos e pequenas e toda a súa familia.: manualidades a cargo da asociación xuvenil XOEIRA e un obradoiro de Enrredos Musicais a cargo de EMILIO DA BAÑA. O paiaso Peter Punk fixo as delicias dos cativos para dar paso ás PANDERETEIRAS TERRA MEIGA, OS MELIDAOS, OS FONDAOS DO PÍFARO, OS TERRIBLES DE DONAS e OS CARUNCHOS.

Cantares de Brión

Fiandola

Os Melidaos

Tanto Nos Ten

No ano 2015 a Noite de Lúa Meiga celebrouse o sábado 29 de agosto. Contouse coa xa tradicional CONCENTRACIÓN E ROTEIRO DE MEIGHACHIMPINS, unha SESIÓN VERMÚ con OS CARRIÇOS e XANTAR POPULAR.

Durante toda a xornada fíxose unha MOSTRA PARTICIPATIVA DE XOGOS TRADICIONAIS e ANIMACIÓN, dirixidos a pequenos e maiores que quixeran pasar un rato do máis divertido recuperando os antigos xeitos de lecer: t iro da Corda, carreira de Sacos, chave, zancos, o aro, carreiras... e máis. Contouse con contos, cantos e xogos coa BANDA DOS CUEIROS e a actuación do CE ORQUETRA PANTAS.A

Xa pola tarde noite, deuse conta dunha boa festa cos grupos tradicionais OS CARRIÇOS, MAGHÚA CANTAREIROS, ULTREIA, ABÓBRIGA e QUEMPALLOU.

Ce Orquestra Pantasma

 

 

FESTA RACHADA