A Noite da Lúa Meiga terá lugar no Miradoiro do Monte Outeiro Grande , no Viso (Redondela). Un lugar tranquilo, cunha vistas panorámicas da Ría de Vigo, Redondela, Soutomaior e da Ensenada de San Simón impresionantes, dende onde a cultura tradicional emanará para invadir o ar de toda a comarca.

 

Como chegar?

Para chegar ata O Viso dende Pontevedra débese séguir pola N-550. A cinco kilómetros de Arcade (Soutomaior), pasando a parroquia de Cesantes collese un desvío á esquerda, indicado por un letreiro de O VISO.

Dende Vigo séguese a N-550, chégase ata o casco urbano de Redondela. Séguese dirección Pontevedra e a uns tres kilómetros cóllese un desvio á dereita indicado cun letreiro de O VISO.

Seguindo pola estrada que atravesa O Viso (estrada que chega ata Soutomaior), a uns 200 metros cóllese un desvio á esquerda que nos leva ó Miradoiro do monte Outeiro Grande. Neste punto a localización xa está debidamente sinalizada.


Distancia coas principais cidades por estrada:
-A Coruña: 134 km.
-Ferrol: 163 km.
-Lugo: 147 km.
-Ourense: 89 km.
-Pontevedra: 13 km.
-Santiago de Compostela: 75 km.
-Vigo: 16 km.

Consulta a guiacampsa para coñecer o mellor camiño para chegar.

Plano de Estradas