A Noite da Lúa Meiga preséntase coma a unión de tradición e cultura; coma a explosión do que se leva a facer en Galicia dende hai séculos representado nun enclave especialmente seleccionado para tal evento.

Así, a finais de agosto no Miradoiro do Monte Outeiro Grande (O Viso - Redondela), ten lugar esta Noite de Lúa Meiga, traducida nunha velada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.

A XIV Noite da Lúa Meiga comezará no mediodía do sábado 27 de agosto de 2016 con actividade para tódolos públicos ata chegar ó concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra.

Ademais nesta edición retornamos ao marabillos Miradoiro do Monte Outeiro Grande, lugar desde onde se aprecián unha fantáticas vistas de toda a comarca, da ensenada de San Simón e da Ría de Vigo.

Asistentes uníndose á festa

Outro ano máis contaremos cos Meighachimpíns, xogos populares, obradoiros para nenas e nenos e algunha sorpresa máis. Como non, a participación de todos aqueles que desexen está aberta, así que leva o teu instrumento e ÚNETE Á FESTA ¡¡.