* Todo o día haberá posto de polbo, empanada e outros petiscos. Anímate e ven xantar e cear con nós!

 

 

PETER PUNK

Peter Punk é un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos. Gañador do Festiclown 2008, con xiras por Brasil, Italia, Portugal, Palestina , participante nas máis importantes citas de clown do Estado (Cataluña, Baleares, Madrid, Euskadi, Andalucía…) e con Galicia enteira percorrida na procura da vosa risa.

Con máis de 800 funcións Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.

http://www.peter-punk.org/

Promo chungo que te cagas

 

CE ORQUESTRA PANTASMA

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodicacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da musica popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A Roda ou banda de punk Oxtiax ke te Pariu.

http://www.ceorquestrapantasma.com/

https://www.youtube.com/watch?v=BrRrLQNtMRM

https://www.youtube.com/watch?v=QFFQYT8mm1k

 

SONS DA MINA

Sons da mina somos un grupo de música tradicional formado por xente moi dispar pero con algo en común: A paixón polos sons da nosa terra e a festa.

https://www.facebook.com/Sonsdamina/

Ven bailar Carmiña

 

VOLTA E DALLE

A agrupación Volta e dálle nace a raíz dunhas aulas de pandeireta no ano 2007. Nela incluíronse unha serie de persoas apaixonadas pola música tradicional, que d ebuta nos seráns do Condado e que inicialmente recibían o nome de Irixeira.


No ano 2009, prodúcese un xiro fundamental na agrupación ao participar na celebración do XX aniversario da agrupación folclórica Castromao de Mondariz, da que algún dos compoñentes formaran parte. Con motivo desta conmemoración incorpóranse a Volta e dálle novos músicos.


No ano 2016 a agrupación conforma a súa formación actual, composta por:
Olga: pandeireta, gaita, voz
Esther: requinta, pandeireta, voz
Blanca: Bombo, voz
Rosa: Saxo soprano, percusión, voz
Óscar: tambor, zanfona
Tino: Gaita, zanfona, clarinete
Tomás: Gaita, zanfona
Ismael: Acordeón diatónico, gaita, percusión


Entre os mestres da maior parte dos membros de Volta e dálle pódense destacar músicos de recoñecido prestixio como Manolo Vázquez, Nazario González, Xaime Rivas, Xosé Manoel Gil, Xaquín Xesteira, Félix Rodriguez, Luis Correa ou Carlos do Viso.


A agrupación vén de crear unha asociación cultural co mesmo nome no concello de Mondariz, da que son orixinarios case tódolos membros.


As actividades fundamentais que se levan a cabo na mesma son, por unha banda, a dirección dun grupo de música tradicional e por outra, desenrola unha labor de recuperación de pezas musicais e vestimenta da zona do Condado, entre outras tarefas de investigación.


A súa música basease en pezas musicáis tradicionáis, con arranxos propios, enriquecéndose ademáis nos últimos tempos coa incorporación de pezas de composición propia.

https://www.facebook.com/voltaedalle/

Actuacion Volta e Dalle

 

OS MELIDAOS

Os Melidaos son sete gaiteiros que cantan. Teñen dous discos publicados:


- "Que ben baila, que ben baila" (2009)
- "Axudádeme a cantar" (2012) Biografía Os Melidaos - “Os gaiteiros que cantan”


O grupo de música tradicional galega Os Melidaos naceu no ano 2001 en Melide pola unión de músicos de diferentes xeracións e variada procedencia que consideran que a música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Estes sete gaiteiros que cantan veñen desenvolvendo a súa actividade musical, dende hai máis de dez anos, con aquel principio como guía ... Ver máis Descrición Os Melidaos son uns gaiteiros que cantan”

“A música tradicional é un tesouro que cómpre conservar. Debemos apoiar, potenciar e respectar a nosa música porque forma parte esencial da nosa cultura, do noso ser como pobo. O pobo que non amosa orgullo polas súas raíces, non terá futuro como tal”.

http://www.youtube.com/ watch?v=aojzd3wXWco

 

ZURRUMALLA


Zurrumalla, unha formación que leva once anos estudando e tocando por toda Galicia a música tradicional, conseguen de cada actuación unha festa; cun estilo musical baseado no tradicional e achegandose a un folk propio, aportan composicións e arranxos que farán as ledicias do público. Unha sorpresa de vitalidade, e novos aires na nosa música.


Recollendo estos once anos de percorrido, Zurrumalla edita un traballo discográfico en dous CDs, que inclúe un repertorio de vitecinco pezas tituado;


“O que había e… O que hai”

https://www.facebook.com/Zurrumalla-262074630508083/

https://www.youtube.com/watch?v=EmUyVYGdRQg

 

MARIAN BAÑOBRE E ISABEL RISCO

Marian Bañobre e Isabel Risco, artistas multidisciplinares, sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, acheganse a Lúa Meiga a deixar unha forte pegada no espectador... Atrévete a escoitalas!

O Furancho

 

MEIGHACHIMPÍNS

Coma nos últimos anos, convidase ós veciños da parroquia a que decoren os seus chimpíns con motivos vexetais, como mostra do achegamento e da interdependencia coa natureza. Os chimpíns así engalanados concentranse no torreiro do festival e pola tardiña farán un percorrido festeiro pola zona, chamando a tódala xente á festa e a diversión.